miércoles, 11 de noviembre de 2015

Intervención Urbán

O Centro Social de Boiro lanza unha proposta de colaboración co alumnado do Bacharelato de Artes do IES Praia Barraña para facer unha intervención de arte urbán mediante o deseño e colocación de imaxes nas ventás tapiadas dos seguintes edificios, a realizar no marco do Creaturas Showroom, que se celebrará o Sábado 26 de novembro.
Os gastos de impresión serán pagados polo Centro Social, e a técnica ten que ser pegado de carteis con cola, as máximas dimensións de impresión son en A1, polo que imaxes maiores terán que ser feitas por partes. (pendente de comprobación polo dono da imprenta)


No hay comentarios:

Publicar un comentario