lunes, 9 de noviembre de 2015
Bloque 1: Tipografía
Traballos relacionados coa tipografía.
Tipografía: palabra que provén do grego τύπος típos, golpe ou huella, e γράφω gráfο, escribir, e que se refire ao arte e técnica de manexar e seleccionar tipos gráficos de cara a un traballo de impresión.
Os traballos serán presentados no blog cada un nunha entrada diferente, co título adecuado ó contido.
Cada traballo será comentado polo autor ou autora, explicando e argumentando as decisións que o/a levaron a facelo dese xeito, evitando caer no comentario de me gusta/non me gusta. Hai que utilizar criterios razonados.
Poden adxuntarse bocetos cando os haxa (é de feito, recomendable) e/ou versións alternativas, sempre deixando ben indicado cal é o traballo final.
Os traballos deberán ser completos, serios e de aspecto profesional. Coidando especialmente a presentación e a imaxe.
Traballo 01- Tipograma
Realización dunha imaxe figurativa utilizando como elementos gráficos as letras que compoñen o nome desa imaxe. Pódense repetir letras e/ou utilizar diferentes fontes tipográficas. Hai que empregar como mínimo unha vez cada letra do nome.
Xunta a imaxe presentarase a palabra feita coas tipografías empregadas.
Caligramas (do francés calligramme). Os caligramas son textos, moitas veces de tipo poético, no que as letras e disposicións tipográficas debuxan unha imaxe que garda relación co contido presentado.
Traballo 02- Caligrama de Dintorno.
Realizarase un caligrama de xeito que as palabras debuxen unha imaxe dispoñéndoas no interior ou silueta dunha ou varias figuras. En Inkscape utilizarase a opción "fluir no marco".
Traballo 03- Caligrama de Contorno.
Realizarase un caligrama de xeito que as palabras debuxen unha imaxe dispoñéndoas ao longo do contorno (o borde ou trazo) dunha ou varias figuras. En Inkscape utilizarase a opción "poñer no traxecto".
Traballo 04- Safari Tipográfico.
Teredes que facer unha serie de fotografías a elementos tipográficos da rúa. Señais, carteis, letreros,... cinco exemplos ou máis de tipografías ben empregadas e outras tantas de tipografías mal empregadas, explicando as vosas razóns. É importante que exista unha reflexión asociada ás vosas fotos.
Traballo 05- Portada de Revista.
Encargarédevos do deseño dunha portada dunha revista periódica, formato magazine ou similar. Todos os elementos da portada, titulares, logotipo, fotografías ou debuxos deberedes deseñalos vós mesmos. Búscase que o resultado luza de forma seria e profesional.
Traballo 06- Deseño baseado nunha nube de etiquetas (Tag Cloud).Utilizando o programa online Tagxedo teredes que facer un deseño inspirado no estilo tipográfico das nubes de etiquetas. A finalidade do deseño e ser a base dunha imaxe que iría situada onde desexedes. Podedes usar un mock up para facer a presentación máis interesante e profesional.
Traballo 07- Cartel tipográfico.
Deseño dun cartel empregando únicamente elementos tipográficos de xeito que ocupen por completo a súa superficie. Tema libre.
.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario