jueves, 17 de diciembre de 2015
La intervención de arte urbano en la prensa
La Voz de Galicia recoge vuestra intervención callejera AQUÍ
lunes, 7 de diciembre de 2015
Fotos do Creatures Showroom 2015
Ola.
Achégovos unha ligazón onde poderes ver algunhas das fotos tomadas na pasada Creatures Showroom 2015.
Poderedes acceder á galería pulsando AQUÍ
Achégovos unha ligazón onde poderes ver algunhas das fotos tomadas na pasada Creatures Showroom 2015.
Poderedes acceder á galería pulsando AQUÍ
jueves, 3 de diciembre de 2015
Logotipos
Un logotipo é un símbolo gráfico que identifica a unha empresa, marca, producto, causa, institución...Por norma xeral entendemos por logotipo como o conxunto de texto e anagrama, e así o faremos tamén neste traballo para non xerar confusión, aunque técnicamente o logotipo só fai referencia á parte tipográfica (o texto) dun emblema e non inclúe o anagrama ou isologotipo.
O anagrama, isologotipo ou icono non é algo obligatorio en todos os "logotipos", algúns logos moi bos como o de Coca-Cola non teñen anagrama, e outros moi recoñecibles como o de Nike non teñen texto nalgunhas ocasións.

Nambergantes os anagramas axudan á identificación da empresa porque poden ser elementos relacionados co producto ou servicio, etc... que a empresa ou institución ofrece.
Neste post verás cales son as claves xerais para o deseño gráfico de logotipos e iconos ou anagramas.
5 características imprescindibles dun logotipo
-
Identificativo
-
Sinxelo e doado de reproducir
-
Fácil de recoñecer
-
Fácil de lembrar, memorable
- Coherente, todos os elementos dunha imaxe corporativa deberán seguir un mesmo estilo.
9 Claves para o deseño de logotipos
-
Elixe una tipografía que transmita os valores da túa empresa, asociación, evento, etc...
As distintas tipografías transmiten diferentes emocións, valores e significados (xuventude, dinamismo, tradición…) Deberás telo en conta á hora de elexir unha ou outra.
-
Escolle unha tipografía legible, incluso en tamaños muy pequeños. Se xogas coas letras e as transformas procura non perder nunca a
lexibilidade ou o logotipo resultará inútil e non cumplirá ben a súa
función.
-
Non uses máis de dúas fontes tipográficas distintas.
-
Para deseñar o anagrama (debuxo) traballa con formas simples. A simplicidade é a base para o deseño dun bo logotipo e
permitirá a súa doada reproducción en todo tipo de soportes e tamaños (papelería, rótulos metálicos, vinilos…)
-
Busca o equilibrio entre anagrama e tipografía xa que ambos elementos deben complementarse. Si existe un desequilibrio
entre tipografía e anagrama, que sexa intencionado e moi evidente.
-
Alinea correctamente todos os elementos do logotipo e procura que garden unha proporción adecuada entre eles.
-
Coida a elección de cores xa que, ó
igual que a tipografía, as cores serven para transmitir emocións e
sensacións. O logotipo ten que verse ben en blanco e negro e cuando
se invirtan as cores. Mesmo é boa idea comezar a deseñar o téu
logotipo sen cor.
-
Non uses máis de tres cores distintos no logotipo e non abuses dos degradados.
A elección da cor influirá nos costes de impresión dos distintos elementos dunha identidade corporativa.
-
Crea tantas variacións sobre unha mesma idea como se te ocurran, xa tendrás tempo de eliminar as que peor funcionen.
viernes, 20 de noviembre de 2015
Artists Upstairs
Este Sábado 28 de Noviembre a las 17:30 horas, en el Metro Leñaverde del Centro Social de Boiro.
Entrada Gratuíta.
Artists Upstairs es una iniciativa artística nacida de una experiencia asociacionista, con vocación de independencia y de perpetuación en el tiempo, en el seno de la plataforma creativa barbanzana CREATURAS.
Encuadrada dentro de una serie de actividades creativas denominadas "Creaturas Showroom", los artistas bajando las escaleras buscan definir su espacio e identidad y convergir en un punto de encuentro donde compartir experiencias, recursos y difusión, así como la creación y sus motores.
Organizan:
Loli Regueira (Arte Barbanza)
María Magán (La Doce)
Pascual Vidal (IES Praia Barraña)
Edición: Pascual Vidal
Música: "Happy and Joyful" de Kris B Harmony
miércoles, 11 de noviembre de 2015
Intervención Urbán
O Centro Social de Boiro lanza unha proposta de colaboración co alumnado do Bacharelato de Artes do IES Praia Barraña para facer unha intervención de arte urbán mediante o deseño e colocación de imaxes nas ventás tapiadas dos seguintes edificios, a realizar no marco do Creaturas Showroom, que se celebrará o Sábado 26 de novembro.
Os gastos de impresión serán pagados polo Centro Social, e a técnica ten que ser pegado de carteis con cola, as máximas dimensións de impresión son en A1, polo que imaxes maiores terán que ser feitas por partes. (pendente de comprobación polo dono da imprenta)
Os gastos de impresión serán pagados polo Centro Social, e a técnica ten que ser pegado de carteis con cola, as máximas dimensións de impresión son en A1, polo que imaxes maiores terán que ser feitas por partes. (pendente de comprobación polo dono da imprenta)
lunes, 9 de noviembre de 2015
Exemplo de Deseño dun Evento: Artist Upstairs.
Nesta entrada porei un exemplo dun deseño propio de logotipo, cartaz, tríptico e diploma para un evento artístico celebrado en Boiro, Artist Upstairs.
A proposta de traballo consiste na realización dun logo para a segunda edición, que se celebrará o día 26 de novembro no Metro Leñaverde do Centro Social, de 17:30 a 20:30
Isologotipo para a segunda edición deseñado por Pascual Vidal
Bocetos y variantes
A proposta de traballo consiste na realización dun logo para a segunda edición, que se celebrará o día 26 de novembro no Metro Leñaverde do Centro Social, de 17:30 a 20:30
![]() |
| Primeiro Boceto |
![]() |
| Proba de cor |
![]() |
| Segundo Boceto |
![]() |
| Terceiro Boceto |
![]() |
| Correccións terceiro Boceto |
![]() |
| Cartaz definitvo |
![]() |
| Interior Tríptico |
![]() |
| Exterior Tríptico |
![]() |
| Diploma acreditativo |
![]() |
| Isologotipo Final |
Isologotipo para a segunda edición deseñado por Pascual Vidal
![]() |
| Logotipo Definitivo |
Bocetos y variantes
Bloque 1: Tipografía
Traballos relacionados coa tipografía.
Tipografía: palabra que provén do grego τύπος típos, golpe ou huella, e γράφω gráfο, escribir, e que se refire ao arte e técnica de manexar e seleccionar tipos gráficos de cara a un traballo de impresión.
Os traballos serán presentados no blog cada un nunha entrada diferente, co título adecuado ó contido.
Cada traballo será comentado polo autor ou autora, explicando e argumentando as decisións que o/a levaron a facelo dese xeito, evitando caer no comentario de me gusta/non me gusta. Hai que utilizar criterios razonados.
Poden adxuntarse bocetos cando os haxa (é de feito, recomendable) e/ou versións alternativas, sempre deixando ben indicado cal é o traballo final.
Os traballos deberán ser completos, serios e de aspecto profesional. Coidando especialmente a presentación e a imaxe.
Traballo 01- Tipograma
Realización dunha imaxe figurativa utilizando como elementos gráficos as letras que compoñen o nome desa imaxe. Pódense repetir letras e/ou utilizar diferentes fontes tipográficas. Hai que empregar como mínimo unha vez cada letra do nome.
Xunta a imaxe presentarase a palabra feita coas tipografías empregadas.
Caligramas (do francés calligramme). Os caligramas son textos, moitas veces de tipo poético, no que as letras e disposicións tipográficas debuxan unha imaxe que garda relación co contido presentado.
Traballo 02- Caligrama de Dintorno.
Realizarase un caligrama de xeito que as palabras debuxen unha imaxe dispoñéndoas no interior ou silueta dunha ou varias figuras. En Inkscape utilizarase a opción "fluir no marco".
Traballo 03- Caligrama de Contorno.
Realizarase un caligrama de xeito que as palabras debuxen unha imaxe dispoñéndoas ao longo do contorno (o borde ou trazo) dunha ou varias figuras. En Inkscape utilizarase a opción "poñer no traxecto".
Traballo 04- Safari Tipográfico.
Teredes que facer unha serie de fotografías a elementos tipográficos da rúa. Señais, carteis, letreros,... cinco exemplos ou máis de tipografías ben empregadas e outras tantas de tipografías mal empregadas, explicando as vosas razóns. É importante que exista unha reflexión asociada ás vosas fotos.
Traballo 05- Portada de Revista.
Encargarédevos do deseño dunha portada dunha revista periódica, formato magazine ou similar. Todos os elementos da portada, titulares, logotipo, fotografías ou debuxos deberedes deseñalos vós mesmos. Búscase que o resultado luza de forma seria e profesional.
Traballo 06- Deseño baseado nunha nube de etiquetas (Tag Cloud).Utilizando o programa online Tagxedo teredes que facer un deseño inspirado no estilo tipográfico das nubes de etiquetas. A finalidade do deseño e ser a base dunha imaxe que iría situada onde desexedes. Podedes usar un mock up para facer a presentación máis interesante e profesional.
Traballo 07- Cartel tipográfico.
Deseño dun cartel empregando únicamente elementos tipográficos de xeito que ocupen por completo a súa superficie. Tema libre.
.
lunes, 26 de octubre de 2015
Nubes de etiquetas aplicadas ao deseño
TAGXEDO é un servicio online ideal para facer gráficos baseados en nubes de etiquetas ou tag clods.
A continuación veremos varios traballos de cartelismo feito para a Biblioteca de Centro nos que as letras e a tipografía son elementos esenciais.
Os dous últimos carteis están feitos coa axuda de Tagxedo.
A continuación veremos varios traballos de cartelismo feito para a Biblioteca de Centro nos que as letras e a tipografía son elementos esenciais.
Os dous últimos carteis están feitos coa axuda de Tagxedo.
lunes, 19 de octubre de 2015
Enlaces de Interés: Tipografía
A continuación pásovos unha serie de ligazóns interesantes relativos á cuestión tipográfica.
Unos Tipos Duros
Un interesantísimo sitio web adicado á tipografía, en español
Dafont
Un sitio onde atopar e descargar tipografía gratuítas ordenadas por temas.
Ipanema Gráfica
Sitio web do autor galego (de Vilagarcía) Rubén Prol, con interesantes tipos gratuítos.
Gráffica
Blog español adicado ó Deseño, cunha sección de tipografía. Moi bo.
What The Font!
Un lugar onde subir un jpg ou png para que vos diga que tipografía usa.
Unos Tipos Duros
Un interesantísimo sitio web adicado á tipografía, en español
Dafont
Un sitio onde atopar e descargar tipografía gratuítas ordenadas por temas.
Ipanema Gráfica
Sitio web do autor galego (de Vilagarcía) Rubén Prol, con interesantes tipos gratuítos.
Gráffica
Blog español adicado ó Deseño, cunha sección de tipografía. Moi bo.
What The Font!
Un lugar onde subir un jpg ou png para que vos diga que tipografía usa.
Suscribirse a:
Comentarios (Atom)




























