Trátase dunha mensaxe publicitaria emitida a través do canal televisivo, de entre 20 e 30 segundos, orientada a un público acorde co target da franxa horaria e tipo de programa ou bloque da parrilla desa canle.
O traballo será individual, aínda que podedes traballar en equipos e axudarvos se queredes. Pero cada quen ten que presentar o seu traballo independente.
Podedes anunciar un producto real ou imaxinario, un evento, unha causa, un servizo,... sempre tendo en conta o anunciado e o receptor do mesmo (target).
Espérase unha calidade acorde ao grao de escolarización.
Fase 01. Presentar o guión, e un estudio da audiencia. Preproducción e temporalización do proxecto. Data límite de entrega 21 de abril, publicado no Blog.
Fase 02. En base á temporalización, producción e postproducción do anuncio. Data límite 30 de abril, publicado no Blog.
Lembrade pois:
- Que anunciades.
- A quén.
- Cómo.
- Que valores intaxibles aporta o producto.
- Como seducir ao espectador.
- Que recursos ou combinacións deles utilizar: Impacto, Humor, Sexo. Ou os recursos menores: Animais, bebés, famosos e cancións.
- Medir ben o ritmo en función do anunciado.
- Referir todo o mateial doutros autores e axuda recibida nos créditos do anuncio.
Recursos:
Música gratuíta de Kevin McLoud. Só hai que citalo nos créditos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario