martes, 26 de abril de 2016

Software de pago, ahora gratis!

TOONZ! el sofware de animación que usa el Studio Gihbli.

HITFILM 3 Express un programa de edición y postproducción muy intuitivo, ofrece una versión reducida completamente gratis.

Google ha liberado Google Nik Tools, una colección de potentísimos plugins para Photoshop y Lightroom que os sorprenderán. Desde reducir ruído de forma estupenda a aplicar efectos que simulan películas antiguas, enfoque, etc...

lunes, 18 de abril de 2016

Spot TV

Chega a hora de deseñar un anuncio ou spot de tv.
Trátase dunha mensaxe publicitaria emitida a través do canal televisivo, de entre 20 e 30 segundos, orientada a un público acorde co target da franxa horaria e tipo de programa ou bloque da parrilla desa canle.

O traballo será individual, aínda que podedes traballar en equipos e axudarvos se queredes. Pero cada quen ten que presentar o seu traballo independente.

Podedes anunciar un producto real ou imaxinario, un evento, unha causa, un servizo,... sempre tendo en conta o anunciado e o receptor do mesmo (target).

Espérase  unha calidade acorde ao grao de escolarización.

Fase 01. Presentar o guión, e un estudio da audiencia. Preproducción e temporalización do proxecto. Data límite de entrega 21 de abril, publicado no Blog.

Fase 02. En base á temporalización, producción e postproducción do anuncio. Data límite 30 de abril, publicado no Blog.

Lembrade pois:
  • Que anunciades.
  • A quén.
  • Cómo.
  • Que valores intaxibles aporta o producto.
  • Como seducir ao espectador.
  • Que recursos ou combinacións deles utilizar: Impacto, Humor, Sexo. Ou os recursos menores: Animais, bebés, famosos e cancións.
  • Medir ben o ritmo en función do anunciado.
  • Referir todo o mateial doutros autores e axuda recibida nos créditos do anuncio.

Recursos:
Música gratuíta de Kevin McLoud. Só hai que citalo nos créditos.

jueves, 7 de abril de 2016

Recursos na rede

Open Clip Art Gallery. Un sitio web que contén unha inxente cantidade de deseños e gráficos vectoriais ofrecidos de forma libre pola e para a comunidade. O formato no que están os deseños é o formato libre SVG.

 Banco de Imaxes e Sons. Un espacio web do Ministerio de Educación e Ciencia que nos ofrece miles de imaxes vectoriais e de mapa de bits (asemade, sons e incluso vídeos) libres de dereitos de autor para que poidades empregar do xeito que máis os guste.

De logo a logo. Manual sobre o uso de Inkscape e centrado sobre as súas posibilidades no campo do deseño de logotipos realizado por Joaclint Istgud. AQUÍ tendes a segunda edición máis actual.

Brandnew. Páxina en inglés que amosa os cambios nos deseños dos logotipos de innumerable empresas, grupos, comercios, etc... ó longo do tempo.

Brands of the World. Páxina en inglés que recolle innumerables logotipos de marcas de todo o mundo. Se presentan vectorizadas e listas para usar.

Os 10 mellores logotipos nunha banda de rock segundo a revista Rolling Stone.

Vectors for Free. Unha extensa colección de imáxenes vectoriais gratuítas para empregar nas vosas creacións. En inglés.

Logotypes. Outra páxina repleta de logotipos das principais marcas do mundo. É unha páxina rusa, pero poño o enlace á súa versión en inglés. Xa ten os seus anos.

LETRAMANIA. Miles de tipos de letra para descargar de forma gratuíta.

DAFONT. Unha biblioteca de tipos de letra moi boa, organizada por temas
Más índices:
También puedes probar en:

Yotophoto Free photos search engine